Cartografía das resistencias
Programa: 🎊 Festival Feminista do Porto 2019
- Datas:
- Dom., 26 MAIO 2019 18:00-19:00h
Travessa de Anselmo Braamcamp, 74
4000-083
As ghatas salvaxes
Onde é que fican ás mulleres nos mapas da historia?
A historia das mulleres é silenciada ou ben contada a través dunha óptica androcéntrica que nos foi situando nun papel secundario e subordinado dende un relato vitimista e relegado ao poder patriarcal; transcorrer silencioso que co tempo conseguiu deslixitimar o papel das mulleres na sociedade. A vida das mulleres está atravesada por infindos frontes de guerra, é dende aí de onde queremos partir. Dende os corpos que resisten, dende os corpos que respostan dende múltiples linguaxes ao abuso de poder, dende os corpos que permanecen latentes na cultura e no saber colectivo.
A través dos tantos relatos que queremos compartir neste percorrido cartográfico, ollar cómo somos quen de plantarlle cara ao capitalismo-patriarcal, reinventar a loita, crear e ocupar espazos, insistir en resignificar e recoñecer a bravura das mulleres ao longo da historia, falar do cotidiano e conseguir politizar as batallas diarias, de acompañar, de canalizar a raiba ou desbordar nela, de atreverse a contar o que doe, de todavía co medo, saír a rúa a berrar, de colectivizar as vivenzas e sororizalas...porque a loita expándese adquirindo múltiples formas e se transforma no tempo, e nós transformámonos con ela.